Inaugúrase no Antigo Hospicio o «Relevo 2020» promovido polo GALP Golfo Ártabro Norte

A edil, María Teresa Deus, estivo presente na apertura dun programa que busca realizar un relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a mocidade de entre 16 e 30 anos
Relevo1

O Antigo Hospicio acolleu esta mañá o acto de inicio do programa Relevo 2020, promovido por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro -GALP-: Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, A Mariña-Ortegal, Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia e Ría de Arousa.

Trátase dunha proposta de carácter formativo que busca dar un relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas principalmente de entre 16 e 30 anos, aínda que no caso de que persoas doutras franxas estean interesadas tamén poden presentar a súa solicitude.

A encargada de abrir o programa foi a segunda tenente de alcalde do Concello de Ferrol, María Teresa Deus, que durante a súa intervención e tras escoitar os proxectos en marcha de cada participante, animoullos a seguir avanzando por facer realidade os seus plans e tamén a formar parte de iniciativas como a que está a deseñar o Concello de Ferrol co fin de promover e potenciar o turismo gastronómico, Dieta Ártabra, presentada pola concelleira a semana pasada.

Apoio á profesionalización

Os obxectivos do programa son, entre outros, sensibilizar á mocidade acerca da importancia da pesca no desenvolvemento territorial, continuar apoiando a profesionalización do sector fomentando a innovación e poñer de manifesto a necesidade de preservar os recursos e as zonas costeiras e de loitar contra o cambio
climático.

O programa formativo inclúe accións para o coñecemento do sector pesqueiro, o deseño dunha carreira profesional, o tecido de redes asociativas e profesionais, o emprendemento activo, o recoñecemento de experiencias innovadoras e os encontros profesionais.

Levarase a cabo entre setembro deste ano e abril do 2021, ambos meses incluídos, e cada unha das dúas edicións terá unha duración de catro meses. En cada un dos GALP participantes haberá 15 prazas por edición, para un total de 30. O horario, de mañá ou de tarde, será acordado cos inscritos para favorecer a súa participación e comprometerá un máximo de dous días á semana.

Características do programa

En canto ao programa formativo, constará de dous seminarios de media xornada cada mes, unha titoría individualizada cada quince días, dúas saídas de campo en cada bloque de formación de catro meses, outros tantos encontros con mozos que xa teñan experiencia, dúas visitas para o coñecemento dos recursos noutros GALP e unha visita de estudo nacional.

O equipo docente estará formado por profesionais das ciencia  experimentais e das ciencias sociais con experiencia na realización e coordinación de proxectos de divulgación científica centrada no medio mariño e o sector pesqueiro, e tamén en procesos de formación.

A elección dos lugares onde se impartirán os dous bloques correspondentes ao GALP Golfo Ártabro Norte, do que forma parte Ferrol, aínda non se decidiron, posto que se terá en conta a procedencia dos solicitantes para facilitar a súa asistencia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.