Un total de 118 contaxios e 3 hospitalizados por Covid na área sanitaria de Ferrol

O número de veciños contaxiados nas tres comarcas reduciuse en 30 persoas nos últimos sete días
cubrebocass

A área sanitaria de Ferrol sufriu nas últimas 24 horas un leve aumento no número de casos activos por covid ao pasar dos 117 do luns aos 118 de hoxe debido a sete novos casos e seis altas epidemiolóxicas rexistradas desde onte. Son 30 menos que hai unha semana. Outra boa nova é que hoxe descenderon o número de hospitalizados no Arquitecto Marcide, pasando de 6 a 3 e que xa non hai doentes na Unidade de Coidados Intensivos.

Do total de contaxiados, 115 permanencen nos seus domicilios con sintomatoloxía leve ou sen síntomas. Desde o inicio da pandemia xa son 970 os casos non activos ou curados e 34 os falecementos relacionados co coronavirus, trala morte dunha muller de 84 anos este pasado domingo.

Un dos sectores que máis preocupa é o da educación, onde a área sanitaria de Ferrol mantén unha taxa de contaxios baixa respecto á media galega. Son en total nove casos que se reparten entre o CPI As Mirandas de Ares, o IES de Fene, os CEIP Cruceiro de Canido, Rodolfo Ucha Piñeiro e o IES Saturnino Montojo de Ferrol, o IES Fernando Esquío de Neda, o CEIP José María Lage e o IES de Ortigueira e o CPR Luís Vives de Pontedeume.

No brote de Ortigueira, que é un dos máis preocupantes da comarca, os datos foron positivos nas últimas xornadas, cunha pequena reducción do número de contaxios.  Son en total 16 activos e 43 veciños en seguimento estreito, é dicir, que confinados por prevención.

En Galicia, según a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus é de 4.119, deles 818 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 1.084 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 412 da área de Vigo e 527 da de Santiago.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.