As obras do centro de día de Cariño contarán co apoio da Deputación

As entidades están dispostas a reactivar un proxecto que leva case unha década parado trala quebra da cosntructora
f6f265f5ae40ca722ac10039200c27ea_f31221

A Deputación da Coruña está a disposta a colaborar coa Xunta de Galicia e o Concello de Cariño para reactivar as obras de construcción do centro de día e residencia de maiores da localidade, paralizadas hai case unha década debido á quebra da empresa construtora. Así o comunicou hoxe o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, durante a visita institucional que realizou ao municipio, na que amosou a disposición do goberno provincial a «prestar a súa colaboración técnica e económica para retomar as obras dunha infraestrutura moi necesaria e demandada pola veciñanza».

O presidente provincial estivo acompañado na súe visita polo alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, quen explicou a necesidade de «activar un proxecto para rematar a adaptación exterior e interior do inmoble, que dará servizo aos numerosos veciños de Cariño e da súa área de influencia que demandan unha infraestrutura destas características». Formoso lamentou que «edificios que foron pensados e deseñados para prestar un servizo a un sector sensible da sociedade que precisa de apoio público como os nosos maiores acaben no abandono» e subliñou «o enorme esforzo do goberno municipal para salvar todo tipo de obstáculos xudiciais, bancarias, financieiras e burocráticas» e finalizar o edificio. «Será un orgullo poder colaborar co concello neste tema», afirmou.

José Miguel Alonso Pumar agradeceu a disposición do goberno provincial de González Formoso para prestar a súa axuda «nunhas obras necesarias para non deixar sumido no abandono este proxecto e impedir que siga deteriorándose un edificio que está xa nunha fase moi avanzada«, afirmou. O alcalde lembrou ademáis o compromiso adquirido no seu día pola Consellería de Política Social da Xunta de asumir con 150.000 euros parte do financiamento das obras de terminación de inmoble «para dar servizo á veciñanza de Cariño».

Melloras da seguridade vial en Cariño

O presidente da Deputación e o alcalde de Cariño visitaron tamén o núcleo de A Ortigueira, onde a Deputación inviste actualmente 316.218 euros nas obras de mellora da seguridade vial da DP 6121, a principal vía de acceso ao municipio. Valentín González Formoso confirmou que comezarán nas vindeiras semanas as obras de demolición dunha edificación que reduce a visibildade na zona e a execución dunha nova ponte para desdoblar a circulación que discorrerá paralela á ponte actual e que separará os dous sentidos do tráfico con carrís de 3,5 metros de ancho en cada sentido que garantan unha circulación segura para os vehículos. As obras incluirán tamñen a instalación de barreiras de protección que garantan a seguridade do tránsito peonil na zona.

González Formoso e Alonso Pumar, acompañados do presidente da asociación de veciños de Landoi, Ángel Luis Pena, visitaron a zona de intersección das estradas provinciais DP 6119 e DP 6121, onde o alcalde demandou á Deputación a redacción dun proxecto que «axude a mellorar a visibilidade e a incorporación de vehículos en condicións de seguridade». «Todos os veciños de Landoi saen por esta estrada cando se dirixen a Cariño e atópanse cun cruce moi perigoso, polo que pedimos anchear a estrada e dotala dun novo carril que permita incorporarse en condicións de seguridade», afirmou ao alcalde.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.