A Xunta incoará un expediente sancionador a Endesa polos verquidos no encoro do Eume

Abrirase expediente por desatención dos requirimentos efectuados desde Augas de Galicia á empresa e se imporá a sanción que corresponda, en función da valoración dos danos ocasionados á calidade da auga do río e ao abastecemento
Estado del río Eume durante los episodios de turbidez del pasado verano
Estado del río Eume durante los episodios de turbidez del pasado verano

A Xunta abrirá expediente a Endesa, a empresa explotadora do encoro do Eume, pola situación de turbidez xerada no río e polas afeccións ao abastecemento de Pontedeume. A eléctrica tamén será sancionada por desatender os requirimentos efectuados desde Augas de Galicia en relación á xestión da presa e tamén incoará a sanción que corresponda, en función da valoración dos danos ocasionados á calidade da auga do río e ao abastecemento.

A Xunta declarou este martes día 13 a emerxencia sobre a situación de turbidez do río e as súas consecuencias no abastecemento de auga ao municipio de Pontedeume.

A través desta declaración, adoptaranse as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez do río Eume. Ademais levaranse a cabo as intervencións de emerxencia que se consideren oportunas na estación de tratamento de auga potable para conseguir que a auga volva ser apta para o seu consumo e se poida restablecer o servizo de abastecemento á poboación.

Logo do traballo de campo realizado no día de onte polos especialistas en emerxencias ambientais e técnicos de Calidade das Augas da Xunta, que percorreron o río Eume para analizar en detalle a situación, agora estanse a avaliar as medidas concretas que se poden adoptar.

Unha comisión, na que estarán representados os técnicos de Calidade das Augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal, seguirá a evolución da situación.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.