O Goberno convoca a mesa de transición enerxética para As Pontes

O Ministerio comunicou ao Concello que a mesa de traballo para despexar o futuro da vila pontesa tralo peche da central de Endesa comezará o próximo 10 de marzo
endesa

Tras máis de dous meses reclamando ao goberno central unha mesa de traballo para empezar a despexar as incógnitas do futuro industrial das Pontes, finalmente o executivo socialista deu un paso adiante e comunicou ao concello que a primeira reunión será o 10 de marzo. Traballadores, sindicatos e mesmo a Xunta de Galicia, levaban meses esixindo que se creara esta mesa por unha transición xusta para abordar as solucións ao peche da central térmica de Endesa no municipio pontés.

Finalmente, tal e como se demandara desde as principais institucións, a mesa de traballo estará composta polo Ministerio de Transición Ecolóxica, o Concello de As Pontes, representantes de Endesa e os axentes sociais, nun esquema que xa se produciu noutros terriorios de país. Tal e como explicou o alcalde de As Pontes, Valentín Gonzáñez Formoso, este «será o inicio dunha larga andaina» na que intentará buscar solucións urxentes non só para o plantel da factoría, senón para os máis de doucentos traballadores das empresas auxiliares e para os transportistas.

Paralelamente a este mesa de traballo, a compañía vai continuar durante os próximos meses coas probas de queima de biocombustibles, principalmente lodos, que ata agora non achegaron un resultados económicamente rendibles. Aínda así, Endesa comprometeuse a seguir explorando estas posibilidades ao tempo que unha comisión técnica do Ministerio de Transición Ecolóxica estuda os resultado das probas.

Nas últimas reunións mantidas entre o Concello e representantes do ministerio, insistiuse na necesidade de que o Goberno faga un esforzo por mellorar os fondos europeos destinados as Pontes. González Formoso esixiu que as axudas da Unión Europea contemplen actuacións para apoiar a transformación de industrias como a pontesa para deixar de queimar mineral e reconverterse para utilizar outros combustibles, ademais de amparar aos colectivos laborais afectados.

 

Relacionado:

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.