Máis dun milleiro de persoas saen á rúa en Cedeira reclamando un pediatra na vila

Os cedeireses teñen que desprazarse cos seus pequenos ata Valdoviño ou Ferrol para recibir os chequeos correspondentes
FB_IMG_1581866264687

A plataforma cidadá ‘En Cedeira pediatra xa!’ foi quen de convocar a máis dun milleiro de persoas nunha manifestación que durante a mañá deste domingo percorreu as rúas da vila reclamando que se estableza un servicio médico tan básico como é o de pediatría. Cedeira non é a primeira poboación das comarcas de Ferrolterra que levántase en pé de guerra contra o Sergas por esta situación; xa o fixeron As Pontes, As Somozas, Cerdido, Moeche ou San Sandurniño.

Neste caso, na protesta lembrouse que desde que a pediatra que traballaba no centro de saúde foise de baixa, «o Sergas puxo parches enviando algún día da semana un facultativo» o que acabou «derivando na ausencia total de pediatría». Para atender aos nenos do concello, os cedeirenses percorren quince quilómetros ata o municipio de Valdoviño que, a xuízo dos protestantes, está «saturado», polo que acaban desprazándose ata Ferrol, a trinta quilómetros do centro de saúde que lles corresponde. Por este motivo demandan á Xunta que se «garanta o dereito das súas fillas e fillos a recibir atención pediátrica» nos seus centros sanitarios.

“A revolta dos chupetes non fixo máis que comezar. Logo do respaldo popular acadado hoxe anunciamos novas mobilizacións no entroido, e advertimos de que se non se nos ofrece unha solución intensificaremos as nosas accións, que serán cada vez máis contundentes porque coa saúde das nosas fillas non se xoga”, destacaron desde a plataforma cidadá.

Relacionadas