The Rapants estrean o seu primeiro adianto do seu novo traballo, ‘Rapants Club’

'Non Sei Como' mestura música disco, rock e electrónica e conta coa colaboración do artista catalán Joe Crepúsculo
The Rapants
The Rapants

The Rapants publican este luns o seu novo tema ‘Non Sei Como’, o primeiro sinxelo do disco, ‘Rapants Club‘. A peza, na que colabora Joe Crepúsculo, xa está dispoñible nas plataformas dixitais.

Con esta tarxeta de presentación, o grupo pon de manifesto que ‘Rapants Club’ é máis que un disco: «é a nosa maneira de entender a vida, que é a través da música, e de agradecer ás nosas familias, fans e equipo todo o compartido nestes anos. Elas e eles son este club”, apunta a banda.

‘Non Sei Como’ mestura música disco, rock e electrónica, e conta coa colaboración de Joe Crepúsculo, que por primeira vez canta en galego.

Este luns saíu tamén o videoclip que acompaña o tema. Nel aparecen figuras como o futbolista Hugo Rama, os actores Miguel de Lira e Federico Pérez, as artistas Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño -o dúo Caamaño&Ameixeiras-, os cantantes 9Louro e Xián Pais, os creadores de contido Champimuros e Merce Totakeki ou mesmo o campeón de surf Guillermo Carracedo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.