O ciclo municipal “Tempo para o teatro” encara este venres a súa última función. Así, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a partir das 20.00 horas a obra “Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”, escrita e interpretada por María Ángeles Iglesias.
As entradas poderán adquirirse ao prezo único de 2 euros a partir de hoxe martes, 24 de novembro, e ata o venres 27 ou esgotar as 30 prazas reservadas para a función no marco do protocolo de prevención fronte á covid-19 para ofrecer unha cultura segura. Onde? Na Casa da Cultura, en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
“Crónicas dunha heterosexual insatisfeita”, producida por Verdeverás, está dirixida a un público adulto e aborda con humor temas como a sexualidade, a parella, as frustracións e os desexos dunha muller absolutamente normal que se anima a saír da rutina e concretar unha fantasía.