O Concello de Valdoviño conclúe as obras de renovación da cuberta do polideportivo do Longoiro

A Administración local investiu máis de 62.000 euros na intervención
PAVILLÓN CUBERTA ANTES

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá do remate das obras de renovación da cuberta do pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Unha intervención na que o Concello investiu 62.302,90 euros con cargo ao POS+2019 e que levou a cabo a empresa Cubiertas de Pizarra Galicia SL, adxudicataria do contrato tras o correspondente concurso público. 

O obxectivo da actuación era combater as filtracións no inmoble derivadas do avanzado estado de deterioro da cuberta e que dificultaban a práctica deportiva no interior. Para iso, procedeuse á desmontaxe das placas de policarbonato e do panel sándwich, e executouse a instalación da nova infraestrutra xunto aos canalóns. 

En próximas datas, a Concellería de Deportes informará das inscricións naquelas actividades que o Concello poida retomar no marco da nova normalidade imposta pola covid-19.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.