A CIG acusa ao Grupo Cándido Hermida de estar subcontratando traballos cando aínda ten persoal propio en ERTE

CIG-Industria e a FCM-CIG xa puxeron esta situación en coñecemento da Inspección de Traballo
20-06-18_Asemblea_concentracion_Candido_Hermida_2

A CIG-Industria e a FCM-CIG de Ferrol veñen de presentar denuncia na Inspección de Traballo para que investigue a subcontratación de traballos que está a facer o  Grupo de Cándido Hermida, a o tempo que mantén en ERTE a traballadores e traballadoras do seu cadro de persoal, que poderían asumir estas tarefas.

As distintas empresas do Grupo Cándido Hermida (Induca, Loira Inter, Inmega, Inaval, CH Nuevos Materiales e CH Constructora) atópanse nun ERTE por causa de forza maior dende marzo con motivo da crise sanitaria do Covid-19. A estes alturas, aínda quedan traballadores e traballadoras no desemprego que non foron reincorporadas ao traballo, «o que supón unha grande redución nos seus ingresos xa que están a cobrar o 70% da base reguladora».

Porén, ao mesmo tempo, explica Vicente Vidal e Marcos Sánchez, secretarios comarcais da CIG-Industria e FCM-CIG, respectivamente, non para de incrementarse a subcontratación de traballos (fabricacións, montaxes etc),  que deberían e poderían ser realizados polo persoal propio das distintas empresas do Grupo «posto que se trata de traballos habituais desenvolvidos por estas empresas».

Unha medida sen xustificación

A medida, engaden, tampouco ten xustificación dende o punto de vista económico, «xa que está pagando por traballos fora á vez que ten que facer fronte ás cotizacións dos traballadores e traballadoras que están no ERTE e pagarlle as empresas subcontratistas polo seu traballo». Neste senso, Vidal e Sánchez inquiren tamén a respecto de se estas empresas subcontratadas «cumpren coa actual lexislación en canto ás condicións laborais das e dos seus traballadores».

«Dende a CIG mostramos a nosa preocupación ante esta actitude e agardamos que non sexa unha estratexia de cara a endebedar as empresas do Grupo para intentar xustificar algunha decisión a futuro», alertan.

Os responsábeis sindicais denuncian este tipo de prácticas sen sentido que ao único que levan «é a incrementar o sufrimento do persoal que tanto ten contribuído ao crecemento da empresa, pero polo que se pode observar a “boa fe” que pregoa a dirección de Cándido Hermida esta moi lonxe de chegar aos seus traballadores e traballadoras».

Represalia contra o persoal

Nesta liña, sospeitan que os ERTE que seguen vixentes no Grupo, «con subcontratación de traballos que poden desenvolver as e os operarios de Cándido Hermida, son un axuste de contas polos movementos que se produciron nos últimos conflitos entre as empresas e os traballadores e traballadoras, de non aceptar a aplicación dunha xornada irregular e de querer negociar uns ERTE que non fosen tan lesivos para os seus intereses».

Doutra banda, ambas federación da CIG denuncian a situación en canto á limpeza e á desinfección  que están a soportar o persoal non afectado polos ERTE, «cunha redución das horas da empresa que presta os servizos de limpeza das instalacións do Grupo, cando debido a alerta sanitaria  esta limpeza e desinfección debería ser moito maior que nunha situación de normalidade, para evitar o máis posíbel os contaxios».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.