Pontedeume acolle unha charla sobre as axudas do fondo europeo marítimo e de pesca

O Concello e o GALP Golfo Ártabro Norte impulsan esta actividade que se desenvolverá o luns día 30 na Casa da Cultura
muelle pontedeume (5)

O Concello de Pontedeume, xunto co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, organiza unha charla sobre as axudas para o impulso e posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.

A xuntanza será o luns 30 de novembro ás 16:00 na Casa da Cultura de Pontedeume. Se o mar está presente no teu proxecto, achégate á charla para coñecer os requisitos, trámites e iniciativas que poden ser impulsadas con esta liña de axudas.

O aforo é limitado, polo que é preciso inscribirse previamente no teléfono 981784417 ou no e-mail: [email protected]

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.