A agricultura ecolóxica consolídase en Lugo cos hortos urbanos da Deputación

Conta na actualidade con 155 parcelas públicas en activo no entorno do río Rato, un programa de hortos urbanos que se reforzou recentemente coa adxudicación de 50 novos espazos de cultivo, dos que 38 foron destinados a novos usuarios e usuarias.
Os hortos urbanos, un exemplo de sustentabilidade no corazón da cidade
Os hortos urbanos, un exemplo de sustentabilidade no corazón da cidade

Potenciar os hábitos de vida saudables, favorecer o consumo de alimentos de proximidade ou fomentar o contacto coa natureza son tres dos piares que definen o programa de hortos urbanos da Deputación de Lugo. Unha iniciativa que leva anos en marcha e que consolidou a agricultura ecolóxica como unha alternativa sostible e accesible. Ao mesmo tempo, esta proposta promove a participación cidadá, a convivencia e o aproveitamento responsable dos recursos naturais no ámbito urbano.

A día de hoxe, a institución provincial conta cun total de 155 parcelas públicas, situadas na contorna do Paseo do río Rato, a pleno rendemento, o que dá conta da boa acollida que ten esta iniciativa gratuíta de lecer ambiental entre os veciños e veciñas de Lugo e dos concellos limítrofes. O programa destaca tamén polo seu marcado carácter social e educativo, pois os hortos urbanos son tamén espazos de convivencia interxeracional, nos que intercambiar coñecementos e crear comunidade.

PUBLICIDAD
Veciñanza compartindo coñecementos e experiencias nos hortos urbanos.

Neste contexto, a finais do mes de marzo formalizouse unha nova adxudicación coa entrega de 50 hortos: 12 autorizacións foron para antigos usuarios e usuarias que se lles acababa a concesión, e as 38 restantes asignáronse a novos beneficiarios e beneficiarias, que poderán utilizar estes espazos de 30 metros cadrados por un período máximo de catro anos. Ademais, este programa compleméntase cun servizo de formación en horticultura ecolóxica para que as persoas usuarias aprendan algunhas cuestións relacionadas co terreo, os recursos, os materiais ou a maquinaria de forma gratuíta.

A institución provincial desenvolve 155 parcelas públicas para uso cidadán

Ademais, o compromiso da institución provincial coa sostibilidade ambiental e a promoción da agricultura ecolóxica compleméntase coa xestión e o mantemento dos 32 hortos urbanos de Paxariños, de titularidade municipal. Un acordo que se materializou co Concello de Lugo para mellorar a eficiencia na xestión destes espazos que se atopan entre a ladeira de Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, ao carón do barrio lucense de Xuíz.

Os hortos urbanos forman parte dunha acción máis ampla posta en marcha pola Deputación de Lugo que trata de fomentar o coñecemento e a posta en valor do territorio, concretamente, o que ten que ver coas Reservas da Biosfera, das que a provincia de Lugo é o máximo expoñente en Galicia. A fórmula basease en favorecer o desenvolvemento sostible a través de iniciativas que aproveiten a nosa riqueza natural, tanto no eido do sector primario, como do turístico.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.