Os Premios da Academia da Música 2026 tiveron lugar no Palacio Municipal de Ifema de Madrid e reuniron a artistas, creadoras e profesionais do sector nunha gala que volveu consolidarse como unha das citas máis relevantes da industria musical en España.
Nesta edición entregáronse galardóns en múltiples categorías e recoñécense os mellores traballos publicados ao longo do último ano. Galicia tivo unha presenza especialmente salientable, non só polos premios conseguidos, senón pola capacidade das súas propostas de marcar discurso e abrir novos camiños dentro da música contemporánea. Tanxugueiras, Baiuxa e Luz Casal sitúan o talento galego entre o máis destacado da escena estatal.
Tanxugueiras: a forza da tradición que fala ao presente
O trío das artistas foi un dos nomes galegos máis destacados da noite ao recibir o premio á Mellor canción galego/asturianu por As que nunca cantaron. Co seu estilo inconfundible, baseado na reinterpretación da música tradicional galega dende unha perspectiva moderna e reivindicativa, Tanxgueiras continúan ampliando os límites da música de raíz.
Baiuca: innovación e electrónica
O músico converteuse nun dos gran triunfadores galegos da edición ao acadar un dobre recoñecemento: Mellor canción de música electrónica con Paeqb (Ale Acosta Remix) e Mellor canción en euskera con Xorieri, unha colaboración de Baiuca e Izaro.
O proxecto liderado por Alejandro Guillán leva anos contruíndo un universo sonoro propio no que os elementos da música tradicional galega se mestura coa electrónica contemporánea. Esta combinación non só redefine a forma de entender o folclore, senón que o sitúa nun contexto global, conectando con audiencias moi diversas.
Luz Casal: o recoñecemento a unha traxectoria exemplar
A artista galega recibiu o premio a Mellor álbum de pop tradicional polo seu traballo Me voy a permitir. Con máis de tres décadas de carreira, Luz Casal continúa a demostrar unha extraordinaria vixencia artística. O seu último proxecto reafirma a súa identidade musical: unha combinación de elegancia, emoción e unha interpretación profunda que a converten nunha das voces máis recoñecidas e respectadas da música en español.
Desde a reivindicación da tradición ata a exploración de novos códigos sonoros, os artistas galegos están a construír un discurso propio que conecta co público e co presente. Unha realidade que se viu reflectida nunha gala onde o talento galego non só estivo presente, senón que foi protagonista.
