Greenpeace reclama sancións tras detectar a pesca ilegal de tiburóns por parte dun buque galego

Sucedeu fronte á costa occidental de África: un palangreiro galego, o 'Naboeiro', capturou varios tiburóns dunha especie protexida e lanzándoos de volta ó mar despois de cortarlle as aletas
pesca ilegal

Os feitos tiveron lugar o pasado 22 de marzo, cando activistas de Greenpeace localizaron e documentaron a actividade do buque Naboeiro durante unha expedición científica e de vixilancia na chamada Zona de Convergencia das correntes de Canarias e Guinea, fronte á costa occidental de África. Trátase dun espazo no que conflúen correntes mariñas frías e cálidas, xerando unha elevada produtividade biolóxica e favorecendo a presenza de numerosas especies ameazadas.

O tiburón capturado polo buque galego | GREENPEACE

Segundo a información recollida pola organización, nesta zona existen montes submarinos que funcionan como áreas de cría, refuxio e paso para especies migratorias, entre elas varios tipos de tiburóns. Greenpeace advirte de que, a pesar da súa relevancia ambiental, estas augas internacionais carecen de protección efectiva fronte á pesca industrial.

A ONG sinala que durante a xornada de observación se documentaron capturas de tiburón zorro ojón, unha especie considerada vulnerable, e apunta a posibles incumprimentos da normativa europea, que obriga a liberar estes animais con rapidez e sen causarlles dano. Ademais, alerta sobre o uso do palangre de superficie, unha arte de pesca pouco selectiva que provoca capturas accidentais de especies protexidas.

Greenpeace acudindo durante unha expedición científica e de vixilancia | GREENPEACE

Greenpeace lembra que menos do 1% da alta mar está actualmente protexida, malia representar case dous terzos da superficie oceánica do planeta. A organización reclamou ás autoridades españolas e ás institucións internacionais que investiguen os feitos, que reforcen os mecanismos de vixilancia e sanción e insiste na urxencia de crear unha rede de santuarios mariños en alta mar, en liña cos compromisos internacionais de protexer polo menos o 30% dos océanos antes de 2030.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.