O traballo final de estudos do ciclo superior de Obra Civil en Santiago presentado polo estudante galego Raúl García presenta unha proposta de carácter conceptual baixo o viaduto ferroviario que cruza o río Miño en Ourense, aprobeitando a infraestrutura xa existente e ofrecendo un novo espazo de uso público na cidade. Esta proposta, de carácter conceptual, busca aprobeitar unha infraestrutura xa existente para mellorar a mobilidade sostible e ofrecer un nobo espazo de uso público na cidade.

A pasarela permitiría conectar ambas marxes do Miño cun trazado accesible e seguro, ao tempo que ofrecería vistas privilexiadas da cidade e do propio río. O deseño aposta por unha intervención respectuosa coa paisaxe, sen grandes afeccións ao medio nin á infraestrutura ferroviaria existente.
A iniciativa chegou xa ao coñecemento do Concello de Ourense e foi difundida publicamente polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliñou o carácter académico do proxecto, aínda que recoñeceu o interese que pode xerar como punto de partida para futuras actuacións urbanas.
A proposta foi recibida con curiosidade nas redes sociais e entre distintos colectivos, que valoran positivamente a incorporación de novas solucións para fomentar a mobilidade non motorizada e a recuperación de espazos vinculados ao río. Polo de agora, non existe ningún compromiso formal para a súa execución, pero o proxecto suma unha nova idea ao debate sobre o futuro urbano das marxes do Miño en Ourense.
