Ferrol intégrase na Asociación de Concellos do Camiño Inglés

A ruta que sae da comarca xa é o cuarto itinerario xacobeo con maior número de peregrinos
camino-ingles_1836

A sede da Deputación da Coruña acolleu a reunión da entidade na que se aprobou a incorporación formal de Ferrol á asociación, presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Con esta incorporación son xa quince os concellos representados na entidade, pendente da próxima incorporación da Coruña, Cambre e Culleredo. A Asociación de Concellos do Camiño Inglés integra xa a 15 dos 18 concellos polos que discorre este itinerario xacobeo.

A reunión contou tamén coa asistencia do deputado provincial Antonio Leira, que saudou a incorporación «dun dos concellos onde nace o Camiño Inglés» e explicou os plans conxuntos da Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos para promocionar o Camiño Inglés en territorio británico cun amplo calendario de actividades.

Segundo tramo do Camiño Inglés en territorio británico

Leira e Mirás viaxarán a Inglaterra o vindeiro mes de marzo, onde manterán diversas reunións con alcaldes e parlamentarios de Cornwall, Reading e Durham para implantar novas accións de promoción do Camiño en territorio británico.

Tras a apertura o pasado ano do primeiro tramo do Camiño Inglés en solo británico, que conecta a abadía de Finchale con Durham, os representantes da Deputación e da Asociación participarán o vindeiro mes na inauguración oficial dun segundo tramo inglés do camiño, duns 25 quilómetros de lonxitude, que conectará Durham con Bishop Auckland.

O Camiño Inglés xa supera ao Primitivo

Leira lembrou que o Camiño que o Camiño Inglés vén de converterse no cuarto itinerario xacobeo con maior número de peregrinos, superando ao Camiño Primitivo, segundo os últimos datos da Oficina de Acollida ao Peregrino, que cifran o trafico en máis de 15.780 peregrinos, un 11,5% máis que o ano pasado.

O deputado destacou «o espectacular crecemento» e «o enorme potencial» desta ruta, que discorre integramente pola provincia da Coruña atravesando os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago e considerou de gran importancia potenciar o seu coñecemento e valoración entre a cidadanía británica.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.