O goberno local aprobou esta mañá en xunta de goberno varios trámites para avanzar na contratación de proxectos pertencentes ao POS 2020. En concreto, trátase dos investimentos incluídos no Plan Único de Concellos, como son o aglomerado da subida da Regueira, camiño do Pincho e camiño do Coto-Pena da Cancela-As Malvas, en San Xurxo, e o aglomerado do camiño do Castro-A Fonte, camiño da subida da Fonte e camiño da Escola, en Doniños.
Segundo informou o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, na comparecencia posterior á Xunta de Goberno Local, na reunión tamén se deu o visto bo á subcontratación das obras para subsanar as deficiencias detectadas na urbanización AEI-Fenya.
Fóra da orde do día, tamén se aprobou a segunda ampliación do prazo de execución da obra de rehabilitación das envolventes das edificiacións situadas nos números 1-4 da rúa 10 de Marzal e nos números 1-6 da rúa Narón, no barrio de Recimil.
Discussion about this post