Narón imparte un curso de xestión de loxística para desempregados

Desenvolverase entre o 12 de marzo e o 16 de xuño no centro de formación municipal
curso-carnet-carretilla-almacen-logistica

A concellería de Novas Tecnoloxías de Narón abre hoxe o prazo para inscribirse nun curso de Xestión de almacén-loxística. Os destinatarios do mesmo son persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente nas datas de realización.

O curso terá unha duración total de 295 horas, das que 100 se corresponden con prácticas profesionais non laborais. Poderán realizalo un máximo de quince persoas entre o 12 de marzo e o 16 de xuño no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas instalacións das empresas colaboradoras nas prácticas, según explicou Hermida. As clases teóricas desenvolveranse de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 e as prácticas nas empresas no horario que se determine en cada caso, a razón de cinco horas diarias.

Tipos de almacén, estrutura e organización, Prevención de riscos laborais nas actividades de almacenaxe, Loxística, Inventario de existencias, operativa para preparar pedidos,  Operacións de recepción, colocación, mantemento e expedición, Manexo e condución de carretilla elevadora e Sistemas e equipos para a xestión de almacén forman parte dos contidos teóricos deste curso.

Así mesmo, o alumnado asistirá a módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, sobre a orientación laboral e busca de emprego, sobre as novas tecnoloxías aplicadas á acción formativa, sobre o emprendemento e sobre a sensibilización medioambiental, así como cinco charlas dunha hora de duración con profesionais do sector e expertos en selección de persoal e visitas profesionais.

As persoas interesadas en inscribirse deben facelo dende mañá ás 08.30 horas ata o 5 de marzo ás 13.30 horas, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.