As Pontes súmase un ano máis ao programa «Vacación en Paz» para nenos saharauis

O Concello e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui veñen de firma un novo acordo de colaboración
vacaciones-en-paz-aspontes

O Concello das Pontes e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui asinaron, esta mañá, un convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento dos programas “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e “Vacacións en paz 2020”. A través deste acordo, o Concello das Pontes axudará a cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e outros alimentos nos campamentos de refuxiados así como o almorzo nas súas escolas.

Por outra banda, a través da colaboración co programa «Vacacións en Paz», o Concello contribuirá a que os nenos e as nenas saharauis viaxen a Galicia durante os meses de xullo e agosto, evitando que permanenzcan nos campamentos nos meses de máis calor, época na que as temperaturas poden superar os 50 grados centígrados.

O grupo de goberno sinala que a sinatura deste convenio “permitirá, un ano máis, contribuir a garantir as necesidades fundamentais das nenas e nenos saharauis, dar resposta ao seu dereito á saude, facilitándolles a asistencia médica e alimentación promovendo, ao mesmo tempo, entre a sociedade galega, os valores de tolerancia e solidariedade”.

Desde o Concello das Pontes animan ás familias da vila a sumarse ao programa “Vacaciones en Paz 2020” de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xullo e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras pontesas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.