O Museo da Construcción Naval repasa a historia das botaduras

A nova exposición consta de 17 paneis explicativos e outro material, entre o que destaca o machada tallada en ouro e prata que esculpió Mariano Benlliure para a botadura do “Alfonso XIII”
Cornelius_01

A sala Carlos III do Museo da Construción Naval acollerá desde mañá e ata o 27 de abril a exposición “A botadura. O nacemento dun buque”, un compendio de 17 paneis explicativos que recollen o proceso da botadura e a súa evolución histórica e que se completan cunha serie de obxectos que protagonizan estas cerimonias. Entre eles destaca o machada empregada na segunda botadura dun acoirazado realizada en Ferrol, a do “Alfonso XIII”, que foi tallada en ouro e prata polo prestixioso escultor Mariano Benlliure.

Tamén se mostran o mazo e a trencha que se utilizan hoxe en día en Navantia, xunto con material relacionado coa botadura do “Arteaga”, que constituíu todo un fito porque foi no seu momento o maior buque botado en bancada inclinada.

A exposición está organizada polo propio museo -que xestiona a Fundación Exponav- e conta tamén con material cedido por Navantia e pola biblioteca do Arsenal. Na mesma explícanse de forma alcanzable a tecnoloxía, a cerimonia -a madriña, a tribuna, a botella que rompe contra o casco do barco- e a repercusión que estes actos teñen nunha cidade como Ferrol.

A inauguración está prevista para as 19.30 horas e consistirá nunha conferencia-presentación a cargo do enxeñeiro naval José María de Juan-García Augado. O horario de visita é de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.