Chola, a IT Girl: Unha proposta para este sábado na Casa da Cultura de Neda

A función está programada dentro dos actos organizados polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller.
2018082322414372594

O Concello de Neda propón para este sábado 7 de marzo unha tarde de teatro coa obra “Chola, a it girl”, da compañía ArtesaCía e a actriz Laura Villaverde como protagonista indiscutible. A función terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 20.30 horas e aforo limitado. Así, as entradas están á venda e pódense adquirir ao prezo único de 2 euros hoxe venres de 9 a 13 e de 16 a 20 horas e, o sábado, dende unha hora antes do inicio da función. A obra inclúese na programación de actos deseñada polo Concello para celebrar o Día da Muller e está dirixida a un público maior de 11 anos.

Aborda a historia de Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega. É contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Para todo isto, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descoido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do maleteiro do coche, no que está o cadáver de Lito. A través dun diálogo, Chola deixa entrever ao público un traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.