Mugardos acolle este venres unha andaina inclusiva da mán da ASCM

Os polvos de cor serán os protagonistas nunha cita aberta a toda a veciñanza
mugardosandaina

A Asociación Sociocultural ASCM, o concello de Mugardos e a Asociación de Amigos dos Minusválidos (AMMI) organizan esta iniciativa con motivo do Día Internacional da Muller. Sportodas é unha andaina de cor inclusiva pola igualdade na que participarán, entre outros, escolares da zona de Mugardos e que estará tamén aberta á participación da cidadanía en xeral.

Sportodas será unha camiñada de cor na que a cor morada será o eixe central. A recepción aos participantes terá lugar no punto de saída, situado no Pavillón Municipal “O Cristo” ás 11.00 hora e está previsto que tras a realización do percorrido, de aproximadamente un quilómetro léase un manifesto pola igualdade das mulleres.

Haberá, ademais, sorpresas e agasallos para todas as persoas participantes. A iniciativa é de carácter gratuíto e as inscricións realizaranse, de forma online. Os interesados poden chamar ao teléfono 981 35 14 30 ou no mail [email protected].

Relacionadas