ASIME organiza mañá en Ferrol unha xornada sobre as consecuencias do Coronavirus na industria

Expertos na materia informarán aos asistentes e darán ferramentas para xestionar a actual crise
pyme-metalurg-2016

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia –ASIME– organiza mañá ás 17.00 horas unha sesión informativa na súa sede en Ferrol (no centro de negocios Arena 76) para ofrecer toda a información sobre a situación actual respecto ao Coronavirus e dar pautas ás empresas sobre as medidas para adoptar.

Nestas xornadas as empresas poñerán en común as súas dúbidas e abordarase a situación desde o punto de vista xurídico, sanitario, e da limpeza industrial, para poder trasladar as recomendacións e consecuencias para a empresa desde as diferentes perspectivas implicadas.

En concreto, intervirán representantes de Asime; Roberto Vázquez, socio de laboral de Cuatrecasas; Antonio Antela, especialista en enfermidades infecciosas do hospital Clínico de Santiago; e Verónica Santiago Carral, Responsable do departamento de Prevención de Riscos, Calidade e Medio de Teiga Tmi, que trasladará a experiencia da súa empresa e as medidas que están a levar a cabo.

Relacionadas