Baixo o lema “Compra saudable, vida saudable”, Mapy Pinilla, psicóloga, dietista, nutricionista e coach nutricional, impartirá unha charla-taller este venres ás 18.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Neda. Organizada polo Concello no marco das políticas para fomentar hábitos de vida saudables, a entrada é libre e está aberta a toda a veciñanza.
Segundo Mapy Pinilla, o seu obxectivo é lograr que as persoas asistentes aprendan na charla todo no que se deben fixar nunha etiqueta nutricional. Asegura que para levar a cabo unha alimentación saudable hai que comenzar realizando unha compra saudable, diferenciando o sa para a saúde e distinguindo como as emocións inflúen nos compradores. En definitiva, amosará na súa conferencia aqueles trucos para facer unha compra saudable.
A charla estrutúrase nunha primeira fase expositiva e unha segunda parte aberta á participación do público, de modo que a experta poida solventar as súas posibles dúbidas.
Discussion about this post