O área sanitaria de Ferrol rexistra un novo caso de coronavirus

A pesar do novo positivo, as comarcas de Ferrolterra seguen tendo unhas das taxas máis baixas de afectados
hospital-ferrol--644x362 (1)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, deles 80 son da área da Coruña, 16 da de Lugo, 28 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.

Isto supón que a de Ferrol (con 20 concellos e máis de 170.000 habitantes) continúa a ser a área con menos casos infectados das grandes cidades.

A estes seis casos habería que sumarlle o do veciño de Mugardos, un celador do hospital de Oza, en A Coruña, que contabiliza nesta área sanitaria. Dos outro seis afrectados, o Centro Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) mantén ingresados a dous de eles, ambos varóns, de 35 e 41 anos e en estado estable. O resto permanecen cun illamento doméstico nos seus domicilios.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.