Neda pide medios á Xunta para o seguir prestando o servizo de axuda no fogar

Unha empresa local cedeu ao concello 100 mascarillas profesionais para estes traballadores
El-trabajo-auxiliares-ayuda-domicilio

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño, solicitou no día de onte á Consellería de Sanidade que proporcione ao Concello EPIs (Equipos de Protección Individual) necesarios para que os traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) desenvolvan o seu labor, imprescindible e vital, coas máximas garantías. O escrito foi remitido no día de onte ao departamento autonómico, toda vez que resulta imposible obter estes recursos no mercado.

Neste contexto, o Concello quixo agradecer a colaboración que está a recibir do tecido empresarial local, xa que onte mesmo unha firma de Neda poñía a disposición do Concello 100 mascarillas profesionais, que hoxe a Administración local facía chegar á empresa concesionaria do SAF. Unha remesa á que se suman os 200 mandís dun uso remitidos tamén polo Concello á empresa do SAF.

Así mesmo, dende a Concellería de Servizos Sociais sinálase que o SAF, ao non ser un servizo sanitario, non se rixe polo protocolo de sanidade, aínda que os auxiliares están a realizar un servizo básico, vital en moitos casos, co mesmo nivel de exposición que o persoal sanitario, polo que o seu labor debe ser protexido por todos os medios. De aí, as xestións realizadas polo Concello ante a Consellería de Sanidade da Xunta.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.