VIDEO | Detido un mozo que facía exercicio nun parque de Canido

Os axentes reprenderon verbalmente aos rapaces antes de proceder a detención dun deles por desobediencia
detencioncanido

Aínda que a meirande parte dos veciños das comarcas de Ferrol están a respetar as restriccións do estado de alarma, os corpos de Policía xa tiveron que actuar nunha docena de ocasións nos catro últimos días. O último suceso aconteceu esta tarde nun parque de Canido.

Varios rapaces, saltándose as medidas de confinamento establecidas no Real Decreto que promulgou o goberno central, decidiron ir entrenar a un novo parque de calistenia recentemente instalado na rúa Mayola, frente aos edificios popularme coñecidos como Os Rombos. Dase a circunstancia de que ademáis o recinto atópase pechado cun valado de obras.


No video apréciase como un dos rapaces é reprendido verbalmente pola policía para identificalo e sancionalo. Pero o mozo, en vez de atender aos requerimentos do axentes, pretende escapar, sendo finalmente acorralado por os dous axentes que rematan detendo ao home.

Na secuencia, mentres outros dos rapaces pide explicacións aos membros do Corpo Nacional de Policía, un dos axentes dille de forma contundente que non se pode entrenar e que avísalle do perigo que corren realizando esa actividade nun lugar público. «Non se pode entrenar, idiota», dille un dos axentes nun momento de tensión.

As multas por este tipo de conductas (mover valos, encintados ou outros elementos fixos ou móbiles colocados polas Forzas e Corpos de Seguridade para delimitar perímetros de seguridade) poden ir dos 100 euros aos 600 euros se se trata dunha falta leve, pero podería ascender ata os 60.000 euros no caso de conlevar un risco elevado para a saúde pública.

 

Relacionadas