O aparcamento do Sánchez Aguilera estará pechado dende o martes por obras

A intervención no párking conta cun presuposto que se aproxima aos 12.500 euros e consistirá en traballos de arado superficial, o aporte de áridos para o recebado de fochas e o posterior nivelado e compactado da superficie
Parking del Sánchez Aguilera
Parking del Sánchez Aguilera

O Concello de Ferrol comezará o próximo martes, día 24 de marzo, os traballos de refocheo no aparcadoiro do cuartel Sánchez Aguilera, adxudicados á empresa Prosema Noroeste por un importe de 12.444,85 euros. A intervención estaba pendente da autorización do Invied (Instituto de Vivienda, Infraestructura y Equipamiento de la Defensa) ao tratarse dun terreo incluído no convenio que o Concello ten co Ministerio de Defensa. En canto se recibiu o permiso, iniciouse o proceso de adxudicación.

A actuación consistirá no arado superficial dos lombos e das fochas das zonas deterioradas, o aporte de áridos para o recebado e o posterior nivelado e compactado da superficie. O acceso á parcela do aparcadoiro xa conta cun cartel informativo da Policía Local advertindo aos usuarios de que a partir das 00.00 horas do día 24 estará prohibida a entrada nesta área do Sánchez Aguilera polo inicio dos traballos.

 

Relacionadas