O Concello de Valdoviño recollerá a domicilio as donacións particulares de material para servizos sociosanitarios

A veciñanza que desexe colaborar cedendo mascarillas, guantes ou batas poden chamar aos números 981 48 70 41, 695 096 198 e 628 711 080
CARITAS-MASCARILLAS-DW

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, fixo un chamamento á veciñanza e aos negocios locais para sumarse á donación de material dirixido aos servizos sanitarios e sociosanitarios co que afrontar a atención nesta situación de alerta, á espera de recibir máis recursos. Precisamente, o Concello entregaba onte á noite unha remesa de mascarillas no centro hospitalario de Ferrol e, dende hoxe, recollerá a domicilio as donacións realizadas pola cidadanía e trasladaraas ás instalacións sanitarias.

Se ben hai que lembrar que dende a semana pasada diversos establecementos e particulares xa realizaron unha serie de donacións de material a este Concello. Así, particulares e empresas que desexen sumarse deben chamar aos teléfonos 981 48 70 41, 695 096 198 ou 628 711 080 e o Concello concertará a recollida. O material que se precisa: mascarillas, guantes, batas e gafas de protección.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.