A Policía de Ferrol impuxo este fin de semana 39 sancións a conductores e peóns por infrinxir o confinamento

Un dos vehículos multados circulaba con 5 persoas que ían destino a Madrid para coller a avión rumbo a Arxentina
1584888869548

As rúas de Ferrol e da súa contorna están diariamente vixiladas por patrullas das forzas e corpos de seguridade do Estado. As Policías Locais e Nacionais xa teñen montados dispositivos conxuntos e tamén a Policía Naval patrulla as rúas da comarca. De feito, o Concello intensificou dende o pasado xoves a presenza das forzas do orde para velar polo cumplimento da orde de confinamento imposta polo estado de alarma.

O venres realizáronse un total de 104 controis a vehículos, dos cales a inmensa maioría circulaba segundo a lei. Os axentes tiveron que impoñer 18 sancións entre condutores e peóns, entre eles a un grupo de cinco persoas que viaxaban no mesmo coche a Madrid para, segundo alegaron, coller un avión rumbo a Arxentina.

Durante a xornada do sábado foron indentificadas 21 viandantes e 69 vehículos foron controlados. Finalmente, impuxéronse 11 denuncias por infrinxir  as normas de confinamento. Onte domingo, a Policía identificou a 13 persoas e rexistráronse 89 vehículo, cun total de 10 sancións por non cumplir as condicións para cicular pola rúa.

 

Relacionadas