¿Existe risco de colapso das UCI en Galicia?

Actualmente só un 17% das camas de cuidados intensivos están en uso
skynews-italy-coronavirus_4951296-1300x700

Galicia ten actualmente 47 pacientes ingresados nas unidades de coidados intensivos, o que supón un 17% do límite que poderían acoller as UCI das áreas sanitarias que xestiona o SERGAS, conformado actualmente por 274 camas. Se a pandemia segue crecendo e o número de ingresados aumenta, unha vez acadado o pico, ¿podería colpasarse o sistema de saúde público galego?

Agora mesmo un 83% das camas para pacientes máis graves están libres e todavía hai marxe para asumir máis pacientes críticos, polo que é sinxelo facer unha perspectiva do escenario necesario para alcanzar o colapso. Se cos actuais 270 hospitalizados acádase un 17% de ocupación nas UCIS, pódese estimar farían falta aproximadamente 1.588 galegos ingresados ao mesmo tempo para que as UCI do SERGAS estivesen ao 100%. É dicir, 1.380 hospitalizados máis cos actuais.

Este escenario levaríanos, do mesmo xeito, a unha proxección de máis de 6.000 positivos, fronte aos 1.170 que hay rexistrados ata onte. Aínda que non parece unha situación que se poda acadar fácilmente e nun curto espazo de tempo, a Xunta xa está empezando a barallar algunhas alternativas para poder dar solución a este hipotético problema.

Cabe destacar que antes da crise había unhas 160 camas UCI en Galicia, pero o goberno galego aumentounas nun 71%, ata as 274 actuais.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.