Ortigueira identifica tres focos de coronavirus: hai cinco persoas afectadas e dúas á espera das probas do Covid-19

O alcalde da localidade amósase contundente: “A xente ten que tomar moitísimo máis en serio o de quedar na casa”
Imagen de archivo del puerto de Ortigueira
Imagen de archivo del puerto de Ortigueira

O municipio de Ortigueira rexistra nestes momentos tres focos de coronavirus Covid-19 nos que, a día de hoxe, infectáronse un total de cinco persoas, das que catro están hospitalizadas e unha permanece no seu domicilio. Outros dous veciños están no hospital á espera de probas que confirmen se padecen ou non a enfermidade.

Ante esta situación, o alcalde, Juan Penabad Muras, quiso enviar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e veciñas, pero tamén ser moi firme na necesidade de permanecer na casa para evitar os contaxios. “Queremos informar con transparencia para poder chegar a todos os posibles afectados e para garantir que a orixe en todos os casos está controlada, pero tamén insistir en que hai que cumprir co confinamento, agora máis que nunca”, dixo.

Segundo a información que ten a administración local, a orixe destes tres focos está nun baile celebrado o día 12 en Ortigueira; unha familia que volveu de vacacións nunha viaxe co Imserso á zona de Levante; e o contacto cunha persoa que viaxou ao extranxeiro.

O Concello estase a comunicar con todas as persoas que puideron estar relacionadas con algún destes tres focos para que permanezan nas súas vivendas e, no caso de ter algún dos síntomas que presenta o virus, para que chamen ao centro de saúde de Ortigueira -en ningún caso acudan presencialmente- ou ao teléfono 900 400 116, onde lles darán todas as pautas a seguir.

O alcalde explicou que, á marxe desas cinco persoas confirmadas con coronavirus, a maioría da xente en contacto con eses focos non presenta síntoma algún, polo que é moi importante permanecer en situación de confinamento porque os contaxios pódense producir aínda sen telos e -no caso de quen non estiveron preto dos focos- para no poñer en risco a súa saúde.

Neste sentido apuntou tamén que os novos tests que se están facendo poden arroxar algún positivo máis nos próximos días, pero que o feito de que os casos sexan xa de hai dúas semanas permite certo optimismo sobre o control do coronavirus en Ortigueira.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.