Un usuario da residencia de maiores de San Sadurniño da positivo por coronavirus

O centro xa activou un protocolo especial de illamento pero confirma que non hai máis xente con síntomas
suacasa

O Concello recibiu a media mañá de hoxe información sobre o primeiro caso confirmado de contaxio por coronavirus no noso municipio. Trátase dunha residente do centro de maiores Suacasa que, tal e como informa o propio centro, foi trasladada de urxencia por un problema traumatolóxico ao hospital Arquitecto Marcide, onde se lle fixo o test marcado polos protocolos sanitarios que resultou ser positivo.

A residencia xeriátrica tamén lle comunicou ao Goberno local que “a día de hoxe” dentro das súas instalacións “non hai ningún caso confirmado de COVID-19” e que a situación “está sendo supervisada e tutelada polas autoridades sanitarias da Área de Ferrol”. A dirección da residencia asegura nun comunicado que “ningún dos nosos residentes nin traballadores presentan síntoma algún”, polo que queren trasladarlle á veciñanza “unha mensaxe de tranquilidade”.

O Concello, dentro das súas competencias, activou de inmediato o protocolo especial de recollida do lixo destinando un colector para uso exclusivo do centro onde se deberán depositar debidamente selados e sen separar todos os resíduos que se xeren nas instalacións.

Tan pronto como soubo da confirmación do positivo, Secundino García contactou co delegado territorial da Xunta para ofrecerlle a colaboración municipal nos labores de desinfección do entorno da residencia que, ao parecer, van efectuarse esta tarde con medios humanos e técnicos do Distrito Forestal. Na mesma comunicación, García tamén lle fixo saber a Ovidio Rodeiro da necesidade de proporcionarlle equipos de protección ao persoal do centro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.