Consulta aquí a listaxe de actividades laborais que se consideran esenciais e que seguirán traballando dende mañá

autopista-k0M--620x349@abc

Pedro Sánchez anunciou que a partir do luns todos os traballadores de actividades non esenciais deberán quedarse na casa cun permiso retribuído ata o xoves 9 de abril. Isto significa que desde este luns 30 de marzo ata o xoves 9 de abril todos os traballadores das actividades consideradas non esenciais non deberán desprazarse ao seu lugar de traballo.

Esta é a listaxe de sectores profesionais que seguirán traballando a partires de mañá:

🔴Sanidade e servizos sociais
▪️O persoal sanitario.
▪️Ás persoas traballadoras dos centros, servizos e establecementos sanitarios, así como ás que atendan maiores, persoas dependentes ou persoas con discapacidade, así como as persoas que traballen en empresas, entidades e centros de investigación nos que se estean desenvolvendo proxectos relacionados co COVID19.
▪️Coidadores de discapacitados ou anciáns.
▪️Persoas empregadas do fogar e coidadoras
▪️As persoas traballadoras de empresas servizos esenciais relacionados coa protección e atención de vítimas de violencia de xénero.
▪️Ás autoridades civís responsables da saúde pública e os empregados que presten servizos no devandito ámbito, así como aqueloutros relacionados directa ou indirectamente coa xestión da emerxencia sanitaria.
▪️Ás persoas traballadoras nos Centros de Acollida a Refuxiados e nos Centros de Estancia Temporal de Inmigrantes

🔴Alimentación
▪️Establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade.
▪️Os establecementos de hostalería poderán seguir activos como ata o de agora, só para entregas a domicilio.

🔴Farmacias e hixiene
▪️Establecementos farmacéuticos, sanitarios, centros ou clínicas veterinarias, ópticas e produtos ortopédicos e hixiénicos.
▪️Tinturerías, lavanderías e o exercicio profesional da actividade de barbería a domicilio

🔴Banca e seguros
▪️Persoas traballadoras de empresas de servizos financeiros ou de seguros

🔴Prensa
▪️Persoas traballadoras que prestan servizos en puntos de venda de prensa (quioscos) e en medios de comunicación de titularidade pública e privada, así como na súa impresión ou distribución.

🔴Gasolineiras e estancos
▪️Combustible para a automoción.
▪️Estancos.

🔴Tecnolóxicas
▪️Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións.

🔴Xustiza
▪️Os avogados, procuradores, graduados sociais, tradutores, intérpretes e psicólogos que presten asistencia no ámbito da Administración de Xustiza, poderán seguir exercendo a súa actividade profesional para asegurar os servizos mínimos.

🔴Transportes
▪️Persoas traballadoras das empresas que deban asegurar o mantemento dos medios de transporte, tanto de persoas como de mercadorías, que se continúen desenvolvendo desde a declaración do estado de alarma, con obxecto de garantir o abastecemento e a entrega de produtos adquiridos no comercio por Internet, telefónico ou correspondencia.
▪️Ás persoas que desenvolvan a actividade de xestión e explotación de autoestradas de peaxe, incluídas as estacións e áreas de servizo que se atopen nas mesmas.

🔴Informática
▪️Ás persoas traballadoras das empresas de telecomunicacións e de servizos informáticos esenciais

🔴Seguridade
▪️Forzas e Corpos de Seguridade
▪️Persoal que presta servizos en Institucións Penais
▪️Persoal dos servizos de protección civil, salvamento e extinción de incendios, así como tráfico e seguridade viario
▪️Forzas Armadas
▪️Persoal de seguridade privada
▪️Traballadores de defensa

🔴Limpeza
▪️Ás persoas traballadoras que presten servizos de limpeza, mantemento e vixilancia, así como que presten servizos en materia de recollida, xestión e tratamento de residuos perigosos, así como de residuos sólidos urbano, perigosos e non perigoso, recollida e tratamento de augas residuais, actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos e retirada de animais mortos ou en calquera das entidades pertencentes ao Sector Público.

🔴Servizos funerarios
▪️Persoas traballadoras dos servizos funerarios, así como da construción de nichos e outras actividades conexas.

🔴Servizos legais
▪️Ás persoas traballadoras que presten servizos en xestorías administrativas e de graduados sociais, asesorías, despachos profesionais, servizos alleos e propios de prevención de riscos laborais e, en xeral, aquelas dedicadas á actividade de asesoramento legal, fiscal, empresarial e sociolaboral ou á defensa dos intereses das persoas consumidoras.
▪️As xestorías administrativas manteñen a súa actividade como servizo esencial

🔴Sectores críticos
▪️Os traballadores que sexan necesarios para garantir o servizo aduaneiro.
▪️Aqueles que sexan necesarios para garantir a subministración de enerxía eléctrica, produtos derivados do petróleo e gas natural.

🔴Industria
▪️Actividades produtivas do sector industrial manufactureiro e, en especial, as do sector químico.
▪️Os sectores de fabricación de medicamentos e farmacia.
▪️Do sector da alimentación e bebidas.
▪️Os subsectores do téxtil, o vidro, o tabaco.
▪️Os produtores de bens de equipo e os sectores da cadea de valor de fabricación de todo tipo de tecnoloxía sanitaria, material médico, equipos de protección, equipamento sanitario e hospitalario.
▪️Os sectores de produción de pasta, papel, cartón ou celulosa, así como aqueloutras actividades conexas que ofrezan as subministracións, equipos, materiais, materias primas ou servizos profesionais necesarios para o correcto desenvolvemento das devanditas actividades.
▪️Persoas traballadoras en industria electrointensiva, siderúrxica e altos fornos e mineira
▪️Persoas empregadas na produción e subministración de calefacción ou aire acondicionado
▪️Persoas que traballan en plantas con ciclo de produción continuo ou cuxa interrupción poida ocasionar danos graves na propia instalación ou perigo de accidentes
▪️Traballadores da industria aeroespacial
▪️Ás persoas traballadoras en actividades de abastecemento, depuración, condución, potabilización e saneamento de auga.

🔴Outros
▪️Alimentos para animais de compañía.
▪️Servizos meteorolóxicos
▪️Comercio por Internet, telefónico ou correspondencia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.