Movistar realiza obras mellora nas telecomunicacións de Valdoviño

Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet
ANTENAvaldov

A instancias do Concello, a empresa Movistar completou estes días os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.

Os traballos estaban xa contemplados no marco do convenio de colaboración entre o Concello e Naturgy, empresa concesionaria do parque eólico onde se sitúa a antena municipal. A excepcional situación que estamos a vivir e a necesidade máis que nunca de contar cunhas comunicacións adecuadas para garantir servizos tan básicos como a telesistencia levou ao Concello a entablar conversas con ambas empresas para acelerar a realización dos traballos.

Así, unha vez concluídos, ampliarase a cobertura das instalacións do Coval e o alcance da sinal de televisión, telefonía e Internet.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.