Situada cronolóxicamente na Guerra Civil, Romanza de los naranjos en flor non é unha novela de guerra, mais si sobre a represión tralas liñas do bando sublevado. Mediante a súa estructura complexa e as diferentes voces narrativas, a obra achéganos á violencia na retargada e ás diferentes formas de convivencia e supervivencia na mesma; isto dende a perspectiva de persoaxes ubicadas en ámbolos dous bandos.
A través dos seus protagonistas, Alfonso de Castro, falanxinsta e inspector da ICCP (Inspección de Campos de Concentración de Prisioneros) e Miguel Artimes, violinista e afiliado a CNT, entramos na maquinaria carcelaria do réxime que se está consolidar. Precisamente, será no campo de concentración do Mosteiro de Oia, onde as historias de Miguel e Alfonso entrelazaranse.
Sobre un traballo previo de investigación e documentación, o autor constrúe un retrato verosímil sobre as experiencias e vivenzas dos reclusos destes campos; dando así a coñecer ao lector unha parte da nosa memoria histórica moitas veces descoñecida.
Trasfondo histórico
En Galicia, segundo sinala o periodista e investigador Carlos Hernández de Miguel, funcionaron, entre 1936 e 1940, 11 campos de concentración, distribuídos polas provincias de Ourense, Pontevedra e Coruña. Se ben, tal e como recoñece o propio Hernández, na práctica algúns recintos non denominados oficialmente como campos de concentración, funcionaron como tales. Este é o caso do presidio da Illa de San Simón. Hernández (2019)
No caso de Ferrol, segundo o historiador X. M. Suárez, dende os primeiros días do golpe de estado improvisáronse diferentes espazos onde recluír o crecente número de cativos. No día 24 de xullo estableceuse un presidio no Arsenal, no lugar coñecido como a Escollera. Este funcionou entre 1936 e 1939, chegando albergar máis de setecentos reclusos.
Complementariamente, entre xullo e outubro, utilizouse o buque “Plus Ultra”, e, posteriormente, o transporte “Contramaestre Casado” e o mercante “Genoveva Fierro”. Á parte da Mariña, nesta mesma cidade, o Exército contou coas súas propias cárceres, como o fortín de San Felipe. Suárez (2003)
Nesta mesma comarca, no ano 1937, habilítase, no Concello de Cedeira, un campo de concentración (reaproveitando as vellas instalacións dunha fabrica de salazón), ubicado na Praia da Madalena. A apertura deste campo relaciónase có avance dos sublevados na fronte do Norte e o incremento dos cativos. Así pois, unha meirande parte dos reclusos que encheron o campo eran de orixe asturiana. O recinto funcionou entre os anos 1937 e 1938, albergando nel máis de setecentos presos. Suárez (2003).
Romanza de los naranjos en flor é a primeira novela do filólogo, profesor e investigador ferrolán, Juan Galán
Discussion about this post