Nova morte por coronavirus na área sanitaria de Ferrol

Co falecemento desta muller de 91 anos acenden a 13 as vítimas mortais por Covid-19 nas comarcas

A última hora desta tarde faleceu outra das doentes que se atopaba ingresada na UCI de CHUF afectada por coronavirus. Trátase dunha muller de 91 anos que fora hospitalizada esta semana no complexo hospitalario. Con esta, son xa 13 as vítimas mortais rexistradas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta na área sanitaria de Ferrol dende que comezou a crise.

No día de hoxe, tamén houbo lugar para as boas novas na área sanitaria. Dous doentes que se atopaban na UCI, tanto no Marcide como no Naval saíron das unidades de coidados intensivos e foros trasladados a planta para seguir coa súa recuperación.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.