Detido un conductor ferrolán sen carnet cando viaxaba a Lugo para mercar un cabalo

Outras dúas persoas, que o escoltaban noutro vehículo, tamén foron sancionadas por saltarse o confinamento
WhatsApp-Image-2020-03-22-at-21.39.07-1280x720

A Garda Civil interceptou e proposto para sanción a tres persoas localizadas en dous vehículos no termo municipal de Vilalba (Lugo) que alegaron que ían vender un dos coches para comprar un cabalo por incumprir o confinamento polo estado de alarma. Delas, un home foi investigado, ademais, por un delito contra a seguridade viaria por conducir a pesar de ter o carné retirado.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon a fin de semana nun punto de verificación de persoas e vehículos no quilómetro 41 da estrada AG-64 (Ferrol-Vilalba). Ao redor das 13.00 horas do sábado pasado procedeuse a identificar os ocupantes de dous vehículos que viaxaban dirección Vilalba. Todos eles explicaron á Garda Civil, «de forma coincidente e cando menos sorpresiva», que ían a Cospeito (Lugo) a vender un dos coches nos que viaxaban para, posteriormente, dirixirse a Vilalba a comprar un cabalo.

Tras realizar as indagacións pertinentes, os axentes constataron que un dos condutores, un home de 39 anos de idade e veciño de Ferrol, carece de permiso por constarlle unha perda de vixencia administrativa do mesmo desde ao pasado ano 2016, sen realizar o preceptivo curso de recuperación de puntos do permiso de condución do que era titular.

Estes feitos supuxeron a instrución de dilixencias policiais para a súa remisión ao xulgado de Instrución de garda de Vilalba e este individuo foi investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

 

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.