O aumento da esperanza de vida fai posible que, en España, e en concreto en Galicia, as persoas maiores cada vez vivan máis. Concretamente, a media sitúase ao redor dos 86 años en mulleres e en 80 años nos hombres, a avanzada idade á que chegan hoxe os nosos maiores fai que non sexa extrano que aparezan deterioros cognitivos graves, como a demencia ou o alzhéimer. En consecuencia, aumentan tamén o número de casos nos que é necesaria a intervención xudicial para poñer en marcha o procedemento da incapacitación, có único obxectivo de protexer ós anciáns.
A maioría das veces, son os fillos ou outros familiares dos anciáns os que se ven na obriga de iniciar o procedemento de incapacitación xudicial e en moitas ocasións acuden ó avogado recelosos por ter que tomar esa medida, aguantando ás veces anos con esa situación, ocultando a realidade na que se encontra o ser querido, porque veno coma se adoptar esa medida fose un ataque cara aquel, cando en realidade o obxectivo deste procedemento é protexer tanto a súa persoa como o seu patrimonio. O feito de que xudicialmente se declare incapaz a unha persoa non significa que perda os seus dereitos como cidadán. A persoa dispón de capacidade xurídica, so que necesita a outra persoa que tutele as súas accións ou que o apoie no que non poida facer. Ademáis, existen graos diferentes de incapacitación segundo o grao de dificultade que presenten para obrar.
No artigo 200 do Código Civil siñálase que “son causas de incapacitación las enfermedades o deficiencias persistentes de carácter físico o psíquico que impidan a la persona gobernarse por sí misma“. Quen decida dar o paso, só terá que interpoñer unha demanda, que deberá conter a petición de incapacitación e a causa concreta que a motiva, ademáis de presentar probas documentais que evidencien o estado deficiente do ancián, aportando un informe médico, informes sociais, certificados de discapacidade, e calquer outro informe que sexa relevante.
O demandante poderá asi mesmo propoñer ó tribunal, á persoa ou persoas que desempeñen, no seu caso, a tutela ou curatela (un réxime máis leve de intervención) da persoa declarada incapaz. A lexitimación para instar o proceso de incapacitación corresponde ademáis do propio incapaz, ós descendentes, ascendentes ou irmáns do presunto incapaz, así como o cónxuxe ou quen se encontre nunha situación de feito asimilable, elo por suposto a maiores do Ministerio Fiscal, quén deberá promover a incapacitación si as persoas mencionadas no existisen ou non a solicitaran e ten coñecemento desta situación.
Será durante o procedemento cando se examinen as súas capacidades por un médico forense e realizaranse entrevistas á propia persoa que se pretende incapacitar e ó resto do seu entorno. A Exploración do incapaz por un médico forense é a fase máis importante deste procedemento, exame que incluso se poderá realizar no seu domicilio en situacións en que se encontre encamado, e será este quén determinará si ten ou non capacidade de obrar emitindo un informe ó respecto. Outras fases importantes son a audiencia cos parentes máis próximos do presunto incapaz e a entrevista que o Xuiz terá có ancián, onde se formará unha opinión sobre o seu estado cognitivo.
Si o Xuiz, unha vez dados todos os pasos, considera oportuna a incapacitación xudicial, o reflexará na sentenza. Neste mesmo documento, é habitual que se inclúa a designación dun titor, que será a persoa que velará polo coidado do enfermo e do seu patrimonio. O titor legal dunha persoa maior estase obrigando a coidar tanto do benestar como do patrimonio do mesmo, sen ánimo de lucro, e en todo caso estará controlado legalmente, polo que a mellor situación posible para aquela persoa maior é ter un titor legal.
E dicir, cando unha persoa maior xa non é capaz de controlar os seus bens e o seu propio benestar, a mellor situación posible para él é ter un titor legal. A tutela está sometida ó control, rendindo contas anualmente ante un Xuiz. Será quen se responsabilizará de estar ó tanto de todas as necesidades do ancián e de responder ante os distintos mecanismos de control que se prevén para esta figura xurídica.
A incapacitación, có conseguinte nombramento de titor, é por tanto unha medida de protección para quenes non poden autogobernarse e por tanto, tómase no seu beneficio e non no de familiares ou doutras persoas no seu entorno, polo que é a medida desexable si se quere protexer ós nosos maiores en situación de incapacidade.
Elisa María Lago Moire, avogada colexiada 3717 ICACOR, é a directora do bufete Lago Moire Abogados
Discussion about this post