Cinco novas sancións a veciños de Ferrol por deixar o lixo na rúa

A concellería de Sanidade está a velar pola seguridade dos traballadores que prestan este servizo
Contenedores-recogida-residuos-centro-ciudad_1324978447_94513807_667x375

O Concello de Ferrol vai tramitar sancións para cinco veciños por depositar lixo na rúa en lugar de empregar os colectores habilitados a tal fin. Axentes da Policía Local que patrullaban onte á noite o barrio da Magdalena detectaron varias caixas e bolsas con residuos pegadas ás fachadas de edificios, polo que as revisaron en busca dalgún sinal que puidese identificar ás persoas que as deixaran neses lugares. En case todos os casos, levaban pegadas etiquetas con direccións e nomes, que se correspondían con domicilios e establecementos situados xusto nos puntos onde estaba depositado ese lixo.

A área municipal de Seguridade está a prestar especial atención a este tipo de incidencias debido á necesidade de extremar as medidas hixiénicas na cidade. Dende a concellería de Servizos lémbrase á cidadanía que a ordenanza que regula a recollida de lixo obriga a depositar os residuos dentro dos colectores.

Esta norma é de obrigado cumprimento en calquera situación, e aínda máis nunha coma a actual, na que a epidemia de COVID-19 fai máis necesario que nunca garantir a seguridade dos traballadores que prestan o servizo, pero tamén das persoas que saen á rúa para adquirir produtos de primeira necesidade ou para realizar actividades esenciais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.