Detido un home en Ferrol por roubar no interior dun vehículo

O raquítico botín compoñíase duns cargadores de móvil, un adaptador e 64 céntimos
polilocalferrol

Axentes da Policía Local detiveron a pasada noite do martes, sobre as 23.30 horas, a un home por roubar un adaptador de corrente, 64 céntimos de euro e tres cargadores de aparatos electrónicos do interior dun vehículo que se atopaba estacionado na rúa Tambre.

A Policía Local recibiu o aviso de que un individuo, aparentemente, estaba tratando de forzar varios coches, polo que enviou ao lugar, na rúa Ernesto Guerra da cal, unha patrulla. Unha vez alí os axentes, dende a base do 092 indicóuselles que o home se dirixía á rúa Tambre, información que coñecían grazas a que outra persoa estaba a seguilo. Chegados a dita vía, os policías sorprendérono no interior dun vehículo.

Ao ver aos axentes, saíu precipitadamente do coche arroxando a seu paso unha mangueira de xardinería con pistola de pulverizar, unha cazadora e un paquete de galletas. A patrulla emprendeu unha persecución e interceptou ao individuo poucos metros máis adiante. Tras rexistralo, atopouse entre as súas pertenzas un adaptador de corrente, 64 céntimos de euro e tres cables de cargadores de aparatos electrónicos.

A Policía Local localizou ao propietario do turismo, quen confirmou que esas cousas se atopaban no interior do coche, debidamente pechado. Os axentes non puideron demostrar a procedencia da mangueira, a cazadora e as galletas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.