A Policía Local de Fene tramitou unha quincena de denuncias por saltarse o confinamento

Os dez policías con que conta actualmente o municipio incrementarán a vixilancia toda esta semana
WhatsApp Image 2020-04-08 at 13.00.49-gigapixel

O Concello de Fene informou, a través da responsable da área de Seguridade, Sandra Permuy, que desde o comezo do confinamento a Policía Local fixo máis dun cento de identificacións -parte delas en controis conxuntos  coa Garda Civil- e tramitou 16 denuncias por saltar o confinamento sen motivos xustificados.

Os datos totais a data de hoxe indican que durante o Estado de Alarma foron identificadas un total de 113 persoas, interceptáronse 411 vehículos e efectuáronse 16 propostas de sanción.

«En relación con outros concellos da comarca, nós aquí en Fene estamos sendo modélicos respectando a normativa en vigor», sinalou a concelleira puntualizando deseguido que as denuncias enviadas á Delegación do Goberno «foron na súa maioría por reincidencias, persoas que xa estaban avisadas e que non tomaron en serio as advertencias». Desde este departamento municipal tómanse as cifras con precaución, posto que alomenos 31 identificacións e 11 das denuncias pertencen aos últimos catro días. «Nun primeiro momento os corpos de seguridade centráronse en informar e concienciar, pero dada a gravedade da situación tamén é necesario sancionar se non se respectan as normas que son comúns para todos», explica Permuy.

O Goberno local non oculta a súa preocupación polo incremento súpeto de propostas de sanción que, segundo a concelleira do ramo «débense máis á irresponsabilidade e relaxación de algunhas persoas que a un exceso de celo dos axentes aplicando a normativa en vigor». Nestes momentos a Policía Local de Fene conta con 10 efectivos aos que se sumarán dentro duns días 3 auxiliares, adiantando a este momento contratos de reforzo que estaban previstos para a época estival.

Os próximos días serán críticos, especialmente a fin de semana «temos dous festivos no medio e os supermercados abrirán o sábado pola mañá. A Policía Local vai incrementar a vixilancia para disuadir a calquera de saltar o confinamento. É duro, pero as circunstancias son de gravedade extrema, temos que ser conscientes diso e, sobre todo, responsables».

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.