Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia realizaron xa, desde o comezo da crisis do Coronaviros, 52 actuacións de desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde en 11 municipios da comarca de Ferrolterra, menores de 5.000 habitantes.
Así, os axentes ambientais e bombeiros forestais do SPDCIF actuaron en 12 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 40 centros de saúde de 11 concellos do rural da comarca dende o inicio da situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF están desinfectando estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio.
Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención. En concreto, estes labores, que se están organizando diariamente, incluídos sábados e domingos, están sendo executadas por traballadores que participan voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.