Mugardos flexibiliza a cobranza de impostos municipais durante a crise

Os prazos voluntarios de pago de impostos e taxas extenderanse varios meses
mugardos_aerea-1

A Concellería de Facenda de Mugardos vén de adoptar novas medidas fiscais para axudar ás familias mugardesas a facer fronte crise do coronavirus tamén no ámbito económico.

A medida xeral é a de dilatar os prazos para pagar os recibos municipais co obxectivo de que aquelas familias que non poidan asumir os pagos nos primeiros meses o fagan máis avanzado o ano e cando segundo todas as previsións, a situación económica sexa máis favorable e a reactivación da economía mellore as economías domésticas.

O Concelleiro de Facenda, Miguel Mahia, confirmou que “estas son as primeiras dun paquete de medidas fiscais que o goberno irá poñendo en marcha para axudar ás familias mugardesas. Na medida das nosas posibilidades evitaremos unir á crise do COVID unha crise das economías das nosas familias”.

O inicio do período voluntario de pago do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (rodaxe) pospónse ata despois do 31 de maio de 2020. Establécese como período voluntario de pago do 01 de xuño de 2020 ata o 31 de xullo de 2020. Con respeto á taxa polo servizo de recollida de lixo, polo servizo de subministro de auga, polo servizo de sumidoiros e polo servizo de saneamento se ampliar o período voluntario de pago correspondente ao cuarto trimestre de 2019, ata o 30 de xuño de 2020.

E do período voluntario de pago correspondente ao primeiro trimestre de 2020 pospónse ata despois do 31 de maio de 2020. Establecese como período voluntario de pago do 01 de xuño de 2020 ata o 31 de decembro de 2020. Ademáis, ata o 30 de abril de 2020 non se ditarán providencias de apremio ni se practicarán embargos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.