O xigante loxístico FM Logistics desembarca no porto exterior de Ferrol

A nova concesión outorgalle unha superficie de máis de 1.500 metros cuadrados para almacenamento e oficinas
Illescas

A empresa FM Logistic Ibérica, pertencente á multinacional francesa FM Logistic, desembarcará no porto exterior de Caneliñas grazas á nova concesión outorgada pola Autoridade Portuaria de Ferrol. A empresa, que se dedica a actividades de loxística e transporte, ocupará durante 15 anos unha parcela de 1.534 metros cadrados que servirán como nova base loxística e que supoñerá abandonar a nave coa que conta actualmente en Río do Pozo, en Narón.

A multinacional pagará anualmente á entidade portuaria 29.161,63 euros e un canon de tres euros por cada operación de tráfico de mercadorías. FM Logistic ten o obxectivo de levar a cabo unha iniciativa de cross-docking (do contenedor ao camión e viceversa) na dársena ferrolá, a cal estaría formada por un espazo de almacenamento e oficinas. Desta forma, a compañía benefíciase de que o enclave de Caneliñas permite os tráficos internacionais de mercadorías.

O novo operador utilizará a construción existente na antiga planta de Entabán para renovala e adaptala ao funcionamento dunhas instalacións loxísticas que posibliten o tránsito rápido de mercadorías. A súa posta en marcha está prevista para finais deste ano ou principios do 2021.

FM Logistic é unha empresa recoñecida na loxística para a industria alimentaria, o retail, bens de consumo, cosmética e perfumería, saúde e a industria. Opera en 14 países, con 26.000 empregados, Cunha facturación de 1,178 billóns de euros no 2018, o que significou un aumento do 9,5% respecto ao ano anterior. En España, FM Logistic conta cunha infraestrutura composta por 7 plataformas loxísticas, cunha superficie de 300.000 metros cuadrados e unha frota de camións de 360 vehículos entre propios e contratados.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.