Detido un veciño de Ferrol por saltarse o confinamento ata en cinco ocasións

A Garda Civil interceptouno cunha furgoneta no término municipal de Narón, onde xa fora denunciado máis veces
WhatsApp Image 2020-04-21 at 10.50.38

O Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Ferrol procedeu á detención dun home, de corenta e seis anos de idade, veciño de Ferrol, por un suposto delito de desobediencia grave á autoridade. As actuacións iniciáronse cando a Garda Civil interceptou ao inculpado circulando coa súa furgoneta por unha vía secundaria de Narón, coñecida como “Camiño dos Caneiros”, no lugar de A Vacariza, no termo municipal de Narón.

O detido conducía a súa furgoneta acompañado por outras dúas persoas e non puido acreditar os motivos do seu desprazamento, polo que non puido acollerse ás excepcións autorizadas polo Real Decreto de declaración do estado de alarma. Ao realizar a identificación dos ocupantes do vehículo, a Garda Civil puido comprobar que o condutor fora denunciado polos mesmos feitos, saltarse o obrigado confinamento sen causa xustificada, ata catro veces antes en apenas un mes, unha vez por semana. En total,c oa que estaban confeccionado os axentes, puidéronse documentar cinco infraccións, todas cometidas pola mesma zona do termo de Narón.

Ao verificar a reiterada desobediencia do ordenado polas autoridades procedeuse a instruír as oportunas dilixencias e á detención da persoa para poñela a disposición do xulgado de garda de Ferrol. Tamén se procedeu á incautación da furgoneta, trasladándoa ao Depósito Municipal de Narón,quedando a mesma a disposición xudicial.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.