San Sadurniño urxe acelerar a contratación do POS+ para amortiguar a caído do emprego

O Concello ten aprobado un paquete de medidas por máis de 500.000 euros que espera poder licitar "canto antes"
César Galdo
César Galdo

Para este 2020 o Concello de San Sadurniño aprobou actuacións con cargo ao POS+ por un valor superior aos 500.000 euros que o Goberno local quere licitar «o antes posible», tal e como indicou Secundino García. O equipamento do local social de Lamas, cifrado en 109.000 euros, é o último proxecto sufragado cos fondos provinciais de 2019.

O rexedor considera que o papel dos concellos «será fundamental no proceso de recuperación económica posterior á crise» e por este motivo agarda que todos os procesos administrativos de contratación se poidan acelerar «todo o que permita a normativa e a capacidade organizativa do Concello» de cara a amortiguar en parte o impacto do coronavirus sobre o emprego.

O Concello de San Sadurniño presentou ao POS+ un paquete de obras viarias cifrado en algo máis de 44.000 euros, cos que se executará a reparación de pistas nas Calvelas, no Albeiro, na Agra de Abaixo, en Cornide e no Freixo.

Por outra banda, no Plan Complementario -ao que a Deputación destinará fondos procedentes de remanentes- incluíronse tres proxectos por un montante total de 171.000 euros para aglomerar as tres pistas que se encadean desde o Eirexado ata o límite da Capela pasando por Lourido e Quintiá, en Naraío. Tamén se contempla licitar en 150.790 euros a remodelación da Casa da Cultura para redistribuír espazos e climatizala.

Os dous últimos proxectos que se presentados ao Plan Complementario son a merca dun novo tractor para traballos forestais e de prevención de incendios -71.390€- e a ampliación da iluminación led a Marqués de Figueroa, á nova rúa aberta diante do cemiterio, ao Enxerto, ao Outeiro , á pista dos Corrás e á Agra de Arriba. Neste caso o investimento previsto é de 67.000 euros.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.