O Servizo Galego de Saúde comezará mañá a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19. Así, a segunda da súas fases, terá lugar dentro de catro semanas.
Nesta primeira ronda, na area sanitaria de Ferrol realizaranse 1.500 tests, 4.800 en Vigo, 3.500 en A Coruña, 2.800 en Ourense, 2.150 en Lugo, 1.900 en Pontevedra e 1.650 en Santiago.
Con esta análise, a Consellería de Sanidade procurará un triple obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.
A Consellería de Sanidade comezará a citar a cada unha das persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo IGE . Ademais, o Instituto Galego de Estatística será o encargado de enviar o listado coas persoas seleccionadas a cada un dos centros de saúde das áreas territoriais definidas.
Discussion about this post