Pontedeume desinfecta as vías públicas cunha máquina quitaneves

O vehículo vai cargado con 6.000 litros dunha solución de auga con hipoclorito sódico desinfectante
94038213_2631815390478846_1022504968692695040_o

Un camión quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estivo onte en Pontedeume e voltará mañá para nebulizar as súas rúas cun producto desinfectante, unha medida máis para evitar os contaxios por coronavirus.

Despois das xestións realizadas polo Concello de Pontedeume coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas, o camión estivo polo centro urbano e os principais núcleos poboacionais de Pontedeume.

“Solicitamos que a Delegación do Goberno incluíra Pontedeume nunha das rutas destes camións, estamos na obriga de facer todo o posible para preservar a saude dos nosos veciños e veciñas”, explicou o alcalde, Bernardo Fernández Piñeiro.

O camión percorreu as rúas coa axuda da Policía Local e Proteccción Civil, dispersando unha solución de auga con hipoclorito sódico para desinfectar os espazos públicos. As tarefas levanse a cabo nos viais que teñen un ancho suficiente para as dimensións do vehículo, parroquias incluídas.

Os traballos deste vehículo especial complementan as labores de limpeza e desinfección ordinarias, que desde o inicio do estado de alarma limpan e desinfectan espazos públicos, arredores dos establecementos comerciais, centro de saúde ou colectores de lixo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.