Ferrol axudará aos maiores que vivan sós a videochamarse cos seus familiares

Un equipo de Protección Civil acudirá cunha tablet con conexión a internet aos domicilios que o soliciten
2020_04_23Tablets04

O Concello de Ferrol acaba de poñer en marcha a campaña «Achegando Sorrisos», coa que quere facilitar a comunicación de persoas maiores cos seus familiares mediante videochamadas. Para conseguilo, o Centro de Recursos Informáticos preparou tres dispositivos con conexión de datos móbil que serán empregados por voluntarios de Protección Civil.

Os interesados en participar deben solicitalo a través dos números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700 de luns a venres en horario de 10.00 a 17.00 ou os sábados entre as 10.00 e as 14.00. Tamén teñen que dar o consentimento os dous usuarios que formen parte da conversa e comprometerse a cumprir cos horarios establecidos e o tempo de comunicación. Un grupo de voluntarios, dotados dunha tableta, equipos de protección individual e material de limpeza dos medios que se utilizan, desprazarase ao domicilio de quen desexe contactar coa súa familia.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.